lunes, 13 de junio de 2016

Participación en redes sociais

Outra das actividades que levamos a cabo no Proxecto Terra foi a creación, en colaboración co Departamento de FOL, dun grupo chamado Cos Pés Na Terra coa intención de promover a participación dos nosos alumnos a través das redes sociais dun xeito dinámico e interdisciplinar.


jueves, 9 de junio de 2016

Adega Regina Viarum: visita guiada

No mes de novembro o alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizou unha visita guiada polas viñas de Adega Viarum coa axuda do Técnico de viñas, Carlos Brea, que explicou o xeito de elaboración dos viños da Ribeira Sacra, tendo en conta as peculiaridades da zona e as técnicas artesanais e respectuosas co medio que se aplican nesta adega.

Muro virtual "Comunicación Empresarial"

Comunicación empresarial:

No curso 2015-16 o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas analizou a través da publicación de artigos, videos, ... neste muro, accións levadas a cabo por empresas galegas cuxo obxectivo ven sendo a explotación dos recursos naturais do noso país, de xeito tradicional ou innovador, e como coa súa comunicación empresarial contribúen a marca Galicia. Tamén se debateu a repercusión que a actuación das empresas empregadas como exemplo teñen no noso contorno, favorecendo o desenvolvemento sostible, a biodiversidade, e en definitiva, o respecto polo medio no que vivimos.